xoves, 20 de decembro de 2007

Orgullo e Prexuizo

Esta foi a primeira película que vimos no horario de ámbito científico. Este curso imos a facer un pequeno repaso á historia do cine comezando cos Irmáns Lumier, Melies, etc, ata os nosos días. O profesor decidíu comezar cunha película actual, facendo comparación entre o seu guión e a historia orixinal, analizando as diversas partes da historia e mandándonos buscar información sobre o Director, a autora da historia e os actores e actrices principais, ademais de poñer a nosa opinión. Esperamos que vos guste, se queredes ampliar a información, podedes acceder á páxina oficial da película "Pride & Prejudice" , está en Inglés, pero é realmente moi bonita.

A nosa opinión sobre a película:

É unha película na que as imáxenes e a música se compaxinan cos decorados, edificios e traxes de época, parecéndonos moi ben realizada.
A tres de nós pareceunos aburrida nun principio pero melloraba cara o final, pois nos gustan máis as pelis de acción. Sen embargo á maioría pareculles moi divertida, fácil de seguir e moi romántica.

A Autora da historia orixinal: Jean Austen.

A escritora Jane Austen, naceu en Steventan, Inglaterra ou 16 de decembro de 1775. Morreu en Winchester, Inglaterra o 18 de Xullo de 1817. Foi unha destacada novelista británica, que viviu durante o período da rexencia, é dicir entre a época xeorxiana e a victoriana. A súa familia pertencía á burguesia agraria. Os círculos académicos sempre consideraron a Austen como unha escritora conservadora, pois nunca relataba nas súas novelas as vidas dos criados e clases populares.
Orgullo e prexuízo é problabemente a súa novela máis popular, tal vez debido ao personaxe de Elisabeth que Jean Austen consideraba á súa heroína favorita. Existen paralelismos entre os seus relatos e a súa propia vida, sen ir máis lonxe, a irmá maior de Jean Austen era a súa mellor amiga e isto vese reflectido en moitos dos seus relatos.
Outros libros de Jane Austen son "Sentido e sensibilidade", "Mansfield Park", "Emma", "A abadía de Northanger" e "Persuasión".

O Director da película: Joe Wright.

Foi galardoado co premio Bafta (similares ós Goya Británicos) "Carl Foreman" ao director revelación e co premio do círculo da critíca Londinense ao mellor director polo seu debut con "Orgullo e Prexuizo", foi nomeado a catro premios Oscar e ao Bafía á mellor pelicula Británica.
Xa gañara un bafta no apartado de Tv pola direción da exitosa (en Gran Bretaña) miniserie "Charles: The powen and the passión", nomeada tamén a outros cinco Bafta dos que levo dous.
Anteriormente e para a televisión, dirixiu as miniseries "Nature boy", pola que foi nomeada a un Bafta Tv.
Próximas películas súas serán: "Sexo en Nueva york", "Atonement", "Amor duradero" e "Wolkint title".

As Actrices principais:

Keira Knightley: Naceu o 26 de Marzo de 1985 en Teddlington, Middlesex (Inglaterra).
Participou entre outras na sagade películas "Piratas del Caribe". E proximamente estrenará "Atonement".

Rosamund Pike: Participou entre outras películas en "Romeo y Julieta", "The Livertine" e "La fierecilla domada".

Jane Malone: Participou nas películas "Cold Mountain(2003)" e "Bastard Out of caroline (1996)".

Brean Blethyn: Na súa carreira como actriz foi nomeada a dous oscars. Participou entre outras películas en "El jardín de la alegría (2000)" e "Sonny (2002)".

Os actores principais:

Mathew Macfadiyen: Naceu o 17 de Outubro de 1974 en Great Yormouth (Inglaterra).
Filmografía:
2006 -Middletown(Gabriel Hunton)
2007-Grindhouse,un funeral de muerto(Daniel)
2008-Frost/Nixon(John Birt),incendiary(Terrance Butcher)

Simon Woods:Participou entre outras películas en "Un anterior Engagement" e "Cambridge Spies".

A música da película:

É unha banda sonora orixinal creada por Darío Marianelli que tamén colabora con Joe Wright na súa nova película "Atonement".

1 comentario:

Anónimo dixo...

me encanto esta peliculaaaaa!!!!