mércores, 10 de decembro de 2008

Placa Arduino para o Belén


Como xa comentamos na entrada anterior, imos a comentar o uso que fixemos da placa controladora Arduino para realizar os automatismos do Belén.

En cursos anteriores elaboramos no Taller de Tecnoloxía unha placa controladora por porto paralelo do PC, que aínda que nos permitía activar practicamente calquera dispositivo eléctrico ou electrónico independentemente da súa tensión de funcionamento, tiña o grave inconvinte de que necesitaba estar conectada a un PC permanentemente para que lle chegaran as sinais de control polo seu porto paralelo.

Durante este curso adquirimos varias placas Arduino que estamos a utilizar como substituto do ordenador para activar a placa controladora por porto paralelo.

Arduino conéctase por USB ó ordenador e desde este, usando o programa Arduino (baseado na linguaxe Processing), se lle programa a secuencia que queremos que Arduino execute. A partir deste momento, Arduino pode desconectarse do ordenador e actuar independentemente, necesitando tan só dunha fonte de alimentación de 9V ou similar.

O único problema inicial que podemos ter con Arduino, que é que non se pode conectar directamente a moitos dos dispositivos electricos que queremos activar, o solucionamos utilizando como interfase a nosa controladora por porto paralelo que conta con relés ás saídas que nos permiten traballar con calquera tensión e intensidade que desexemos.

Na foto superior pódense observar as conexións entre a placa controladora por porto paralelo e a placa Arduino. Arduino realiza o control dos automatismos e a placa controladora por porto paralelo funciona como unha interfase cos dispositivos eléctricos do Belén (luces a 220V, bomba de auga do río, motores de contínua do muiño e do Aserradoiro, etc).

Nesta foto móstrase toda a montaxe eléctrica (cadros de alimentación que proporcionan diversas tensión contínuas e alternas) e electrónica (a placa controladora por porto paralelo e a placa Arduino).

venres, 5 de decembro de 2008

Montaxe do Belén


Este curso ocupámonos de novo da montaxe do Belén do Instituto os alumnos de Diversificación (xa o fixeramos durante o curso pasado cando estabamos en 3º Diver).
Na montaxe do Belén hai unha parte eléctrica, necesaria para alimentar as luces do Nacemento, a bomba de auga que subministra a auga do río, o motor do serradoiro que simula o movemento da Noria polo empuxe da auga do río e o motor do muíño de vento.


A novidade respecto a cursos anteriores, é que nesta montaxe incorporamos control electrónico para o acendido e apagado das luces e motores. Para realizar este control automático necesitamos de 2 elementos electrónicos:
  • Unha tarxeta controladora por porto paralelo do PC, que se construíu no Taller do Instituto en cursos anteriores, que nos permite a través dos seus relés de saída, alimentar as luces de 220 VAC e os motores de continua.
  • A tarxeta controladora Arduino que nos permite substituír o ordenador por esta pequena placa de apenas 10 cm x 6 cm.
A placa Arduino que temos no Taller é conectable a un ordenador por porto paralelo e utiliza o seu propio programa (chamado tamén Arduino) realizado na linguaxe de programación Processing.
Inicialmente tivemos que programar a secuencia de acendido e apagado (e as temporizacións) no programa Arduino e unha vez cargado o programa na placa, esta é autónoma e controla as luces e motores utilizando como interfase a placa controladora por porto paralelo do PC.
Nas fotos podedes observar fotos do Belén.
En outro artigo comentaremos en máis detalle o uso da Placa Arduino e a súa conexión.



xoves, 30 de outubro de 2008

Motor con contactor reed


Este motor o fixemos a partir de un Kit de construcción de Opitec (nº 105.180). A foto anterior é a que aparece na páxina de Opitec.
Este proxecto, aínda que o tiñamos empezado durante o curso pasado (2007-2008), non o chegamos a facer funcionar. Pero durante este curso estivemos perfeccionando o proxecto ata que finalmente funcionou como se pode ver no seguinte vídeo:


Unha das melloras realizadas foi poñer a distinta altura o eixo do electroimán e o contactor reed, para que se producise un desequilibrio de forzas cos imáns e o efecto de repulsión do electroimán foxe máis efectivo.
Ademais, tivemos que xuntar o máximo posible tanto o contactor reed como o electroimán ó taco de madeira onde van unidos os imáns.

Máquina de vapor

Aínda que este proxecto o fixeron os alumnos de 4º diver do curso 2006-2007, realmente só funcionaba con aire a presión cando o compresor que utilizamos superaba os 2 bares de presión. Desde o comezo do curso estivemos a facer probas e detectamos algúns pequenos defectos que xuntos impedían que a máquina de vapor funcionase realmente coa presión do vapor xerado na súa caldeira.
Como se pode comprobar no seguinte vídeo, finalmente conseguimos que a máquina de vapor funcionase.
Entre as melloras realizadas estiveron:
Colocación (como indicaban os planos orixinais de Tradid) dun pequeno anaco de tubería de cobre como saída do vapor. Isto permite incrementar a presión do vapor pois o burato de escape redúcese.
Correción no ángulo de ataque da biela-pistón, xunto á lubricación axeitada antes de poñer en funcionamento a máquina.

mércores, 22 de outubro de 2008

ANÁLISE DE APARELLOS: LÁMPADA.

NOME DO APARELLO.
En Galego: Lámpada.
En Castelán: Lámpara.
En Inglés: Lamp.
En Francés: Lámp.

Aínda que se coñecen erroneamente por lámpadas, deberían chamarse Luminarias. Lámpada fai referencia ó que se coñece como bombilla. Sendo a Luminaria o soporte da bombilla.

DESCRICIÓN DO APARELLO.
Orixe:
O invento da lámpada eléctrica foi atribuído habitualmente a Thomas Alva Edison, quen contribuíu ao seu desenvolvemento producindo, o 21 de outubro de 1879, unha lámpada práctica e viable, que luciu durante 48 horas ininterrompidas. Sen embargo, Heinrich Göbel construíu no ano 1854 o que moitos consideran a primeira lámpada, introducindo un filamento de bambú carbonizado dentro dun bulbo de vidro no que fixera o baleiro para evitar a oxidación. Continuou co desenvolvemento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas. Non solicitou unha patente inmediatamente, pero en 1893 (o mesmo ano do seu falecemento) foi admitido o seu invento como anterior ao de Edison.

Función principal:
Unha lámpada incandescente é un dispositivo que produce luz mediante o arrequecemento por efecto Joule dun filamento metálico, ata poñelo ó roxo branco, mediante o paso de corrente eléctrica. Son moi ineficientes xa que o 90% da electricidade que utilizan transfórmana en calor.

Compoñentes ou partes:
Casquillo, corpo da luminaria (6 compoñentes e 1 parafuso interior oco), cable eléctrico de 2 fíos, interruptor e enchufe.

OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
A luminaria desmóntase desenroscando cada unha dás súas partes como se de parafusos se tratasen. O primeiro paso é desenroscar o casquillo, para a continuación liberar os cables dos seus puntos de conexión co casquillo (mediante 2 parafusos). A continuación desenroscamos as diversas partes do corpo da luminaria (no noso caso seis compoñente que se unen a un parafuso oco) e sacamos o cable.


Para volver a montar a luminaria, realizamos o proceso inverso.

PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
A luminaria funcionaba correctamente e só a desmontamos para coñecer o proceso de montaxe e desmontaxe e as súas diferentes partes.
Durante o proceso de desmontaxe caeunos o casquillo ó chan, perdendo parte do seu recubrimento cerámico, pero isto non provocou un maior problema no seu funcionamento, aínda que si na seguridade do seu uso en oportunidades posteriores.

ANÁLISE DE APARELLOS: BATEDORA.

NOME DO APARELLO.
En Galego: Batedora
En Castelán: Batidora
En Inglés: Mixer
En Francés: Batteur
DESCRICIÓN DO APARELLO.
Orixe: A primeira batedora eléctrica foi patentada no ano 1908 en EE. UU. por Herbert Johnston. Pero a batedora cun deseño máis parecido ó usado na actualidade foi patentada en 1937.

Función principal: É un aparello que serve para triturar e cortar alimentos, facer salsas, purés e batidos.

Compoñentes ou partes: Está formada por un motor, pulsadores, circuíto transformador de AC/DC, brazo da batedora e coitela.

OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
Despois de observar a batedora exteriormente e que non se aprecian parafusos nela, tivemos que retirar unha tapa que ten na súa parte superior e atopamos un parafuso que permite abrir a carcasa do brazo da batedora.


Interiormente se aprecia o motor de corrente continua, o circuíto transformador de AC a DC e os pulsadores.

O proceso de montaxe foi sinxelo ó haber un único parafuso.

PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.

Esta batedora tiña o motor queimado.

ANÁLISE DE APARELLOS: O FERRO DA ROUPA

NOME DO APARELLO:
En Galego: Ferro da roupa
En Castelán: Plancha
En Inglés: Iron
En Francés:Fer á repasser



DESCRICIÓN DO APARELLO
Orixe:
Sitúase como a orixe do Ferro, aproximadamente no século IV d. C. Hai documentos que indican que os chineses utilizaban un recipiente de lata, que contiña brasas e posuía un mango. En occidente comezouse a usar un alisador de vidro, mármore ou madeira, que se utilizaba en frío e empregábase xunto coa goma de amidonar que non permitía traballar en quente, ata ao redor do Século XV. Xa no Século XVII aparece a cita do termo “pasar o Ferro”. E os primeiros Ferros, xeralmente realizados en ferro, quentábanse ao lume. Posteriormente apareceron os Ferros ocos que se cargaban de brasas, denominándose “pasar o Ferro a carbón”. No Século XIX apareceron os Ferros de lavandería. En 1882 apareceu o primeiro Ferro eléctrico. En 1924, Joseph W. Myers inventou o Ferro eléctrico con termóstato (control de temperatura). En 1926, en Nova York, a empresa Elder Co. sacou á venda o ferro de uso doméstico a vapor.


Función principal:

O Ferro é un electrodoméstico que serve para pasar o Ferro, é dicir, alisar a roupa quitándolle engurras.

Compoñentes ou partes:
Enchufe, cable, zapata (contén a resistencia que se caldea coa corrente), termóstato (control da temperatura), reóstato (resistencia variable), tanque de auga.
OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
Primeiro separamos a parte posterior quitando un parafuso.
A continuación sacamos a parte superior do mango con moito coidado para non estragar as pestanas que ten.
Despois quitando outro parafuso separamos unha parte da carcasa. A continuación quítaselle o depósito da auga con tres parafusos e desmóntase a parte inferior (zapata) con tres parafusos máis.





PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
Este Ferro fai masa na resistencia da zapata e produce un curtocircuíto que fai saltar o diferencial da instalación. Sen embargo, pode usarse en calquera enchufe que non teña toma de terra sen producir ningún curtocircuíto, aínda que non é o máis recomendable.

luns, 5 de maio de 2008

A violencia humana está relacionada cos hábitos alimenticios

De acordo co traballo que nos pediu o profesor no cal debiamos seleccionar a noticia relacionada coa nutrición que máis nos impresionara ou sorprendera, atopamos esta noticia na páxina de Tendencias21:
"La violencia humana está relacionada con los hábitos alimenticios.
La carencia de los ácidos grasos omega-3 en la dieta occidental propicia depresión y agresividad."
“Recientes investigaciones realizadas con personal recluso y alcohólicos violentos han descubierto que un déficit en ácidos graso omega-3 propicia el surgimiento de comportamientos agresivos, depresión, suicidios y violencia. Los acidos grasos omega-3, que consumimos sobre todo con el pescado, propician óptimas conexiones neuronales, pero su consumo se ha reducido considerablemente en la dieta de los países desarrollados como consecuencia de los hábitos de vida. A cambio, ha subido el consumo de otros ácidos grasos que impiden conexiones neuronales apropiadas. Las dietas modernas podrían estar cambiando por tanto la arquitectura y el funcionamiento de nuestro cerebro, lo que explicaría en gran parte los niveles de violencia de la población occidental y señala asimismo que estas tendencias son reversibles con sólo un cambio en la dieta diaria.” Por Yaiza Martínez.
Esta noticia pareceunos moi curiosa xa que nunca pensariamos que a violencia tivera nada que ver coa alimentación.

O cerebro ten un sexto sentido para detectar as calorías


A noticia que atopamos en internet que nos interesou máis foi:

O cerebro ten un sexto sentido para detectar as calorías.

"Una investigación desarrollada con ratones ha descubierto que el cerebro tiene un sexto sentido para detectar las calorías en los alimentos y que desencadena mecanismos compensatorios cuando comemos nutrientes con calorías, independientemente de que vengan o no acompañados de azúcares. Este descubrimiento sugiere que no sólo el sabor activa la respuesta cerebral, sino que otras funciones del organismo, como las metabólicas o la detección de señales gastrointestinales, también lo hacen. Conocer bien los procesos cerebrales que nos inclinan a consumir calorías ayudará a comprender mejor las causas de una enfermedad que se está volviendo pandémica en el mundo desarrollado: la obesidad.". Obtida da páxina de Tendencias21.

Eliximos esta noticia pois nos pareceu bastante interesante e curioso que o noso cerebro sexa capaz de saber as calorías que inxirimos sen ser conscientes de iso. Ainda asi isto non implica que o noso cerebro nos salve das enfermidades da obesidade e da mala alimentacion.

A cociña do futuro se baseará na mecánica cuántica

Esta foi a noticia sobre nutrición que atopei en internet, na páxina de Tendencias21, que seleccionei para poñer no blog, espero que vos guste:
A cociña do futuro se baseará na mecánica cuántica.
"Nestlé utiliza ecuaciones cuánticas para mejorar los nutrientes de los alimentos cocinados."
“El nivel cuántico, que determina las propiedades de la materia, ha sido sometido a estudio en una rama hasta ahora no analizada: los alimentos cocinados. La combinación de los lípidos y del agua, así como la comprensión de la forma en que las moléculas de ambos elementos se combinan durante la cocción, ayudará a desarrollar sabores y texturas, así como a mejorar las capacidades de los nutrientes. De esta forma, nos acercamos cada vez más a otra cultura de la alimentación: de aquélla que buscaba nutrir pasaremos a la que intenta evitar enfermedades y se fabrica de forma más individualizada.” Por Olga Castro-Perea.
Elixin esta noticia porque me gustou a súa idea, xa que gracias aos estudios das partículas elementais dos alimentos poderiamos evitar enfermidades é cambiariamos a mellor a nosa alimentación.

xoves, 13 de marzo de 2008

Fotos do Entroido

Nesta entrada imos a poñer as fotos do festival do entroido deste curso. Non vos perdades os disfraces de Adrián (Señora de Palmírez), as abellas (varios profesores) ou Manoliño (Cura vello).

Adrián está xenial de Señora de Palmírez, foi do millor do festival.
Os profes de abellas.
O cura coa señora de Palmírez.

Non vos perdades nesta foto a Federico (á dereita) disfrazado do Barón Vermello.

venres, 29 de febreiro de 2008

Modificacións na Máquina de Leonardo

A continuación queremos mostrar algúns arranxos "tuneados" que lle fixemos ó noso proxecto "Máquina de Leonardo".

Nos seguintes vídeos pódese ver que lle puxemos un motor que sacamos dunha impresora que deixara de funcionar. O motor traballa a 12 V, pero nós o puxemos a menor voltaxe, resultando un motor moi silencioso e que non se forza en absoluto.


Ademáis fixemos cun anaco de flexe un simulacro de serra.

Esperamos que vos guste.
video
video

xoves, 21 de febreiro de 2008

ESTADOS DA MATERIA

De sempre estudiamos que os estados da materia son tres: solido, líquido e gasoso. Pero en determinadas situacións se pode dar un cuarto estado: O plasma.

Plasma: É un sistema que contén un número significativo de partículas cargadas. Adoita ser gas ionizado, é dicir, cargado electricamente, baixo determinadas circunstancias de presión, temperatura ou alto voltaxe.

O Plasma en contra do que pareza e un dos estados da materia máis abundantes no Universo, pois a materia das estrelas está en forma de plasma. Pero, tamén cerca nosa, temos exemplos de plasma e aínda que non o podamos ver, si vemos os seus efectos.

Cando nunha tormenta se produce un raio, este non é máis que un inmenso arco voltaico entre as nubes e a terra (tamén pode habelos de nube a nube) aproveitando as canles de plasma, é dicir de aire ionizado pola inmensa diferenza de potencial entre as nubes e o chan.

A continuación poñemos un vídeo obtido de Stage6 que mostra un arco voltaico producido nunha liña de alta tensión de 500.000 voltios. (Nota: Tal vez necesites ir á páxina de stage6 e baixarte os "drivers" de divx.

video

ESTADOS DA MATERIA (profundización)

Como xa escribiron os nosos compañeiros os estados da materia son 4: Sólido, líquido, gasoso e plasma.

De tódolos xeitos, ó buscar en Wikipedia vimos que se podían dar, en condicións moi especiais, (normalmente con condicións extremas) outros posibles estados da materia:

Condensado de Bose-Einstein: Este estado se consegue a temperaturas cercanas ó cero absoluto (0º Kelvin) e se caracteriza porque os átomos se encontran todos no mesmo lugar, formando un superátomo.

Fluidos supercríticos: Por definición é calquera substancia que se encontre en condicións de presión e temperatura superiores ó seu punto crítico, é un casi estado con propiedades intermedias entre líquidos e gases.

Coloide: É aquel estado no que a fase contínua é un líquido e a fase dispersa se compón de partículas sólidas, poden atoparse coloides cuxos compoñentes se encontran en outros estados de agregación.

Superfluidez: É un estado da materia caracterizado pola ausencia total de viscosidade, de maneira que, nun circuíto pechado, fluiría interminablemente sin fricción. É un fenómeno físico que ten lugar a moi baixas temperaturas, preto do cero absoluto. Un inconvinte é que casi tódolos elementos se conxelan a esas temperaturas, pero hai unha excepción: O Helio.

Plasma de quark-gluones (QGP): É unha fase da cromodinámica cuántica (QCD) que existe cando a temperatura e/ou a densidade son moi altas. Este estado se compón de quarks e gluones libres que son os compoñentes básicos da materia. Se cree que existiu durante os primeiros 20 a 30 microsegundos despois de que o universo nacera despois da Gran Exploxión.

Materia extraña: É unha forma particular de materia de quarks. A unha densidade suficientemente alta, se espera que a materia extraña sexa supercondutora do calor.

Masa vs Peso


Masa: Medida da cantidade da materia dun corpo. A masa representa o coeficiente de inercia dun corpo, é dicir, a resistencia que o corpo opón ás variacións do seu estado de movemento ou de quietude.

Peso: O peso é a medida da forza gravitatoria actuando sobre un obxecto. Cerca da superficie da Terra a aceleración da gravidade é aproximadamente constante e igual a 9,81 m/seg2; a unidade de peso no S.I. é o Newton e se pode medir cun dinamómetro.

Ó estado no que un corpo ten peso nulo, se lle chama ingravidez.

Pode deducirse que mentres a masa dun corpo se mantén invariable independentemente de onde se atope. Co Peso non sucede o mesmo, pois mesmo na Terra hai variacións segundo a altitude á que se mida (pois depende da gravidade terrestre).

O efecto é aínda maior se nos apartamos das condicións terrestres e nos imos a outro planeta, pois o peso dependerá directamene da aceleración da gravidade de ese planeta segundo a fórmula: P = M * g.

Como curiosidade podes coñecer cal sería o teu peso de estar sobre a superficie de diferentes corpos celestes do noso sistema solar, premendo sobre o seguinte enlace: Coñece o teu peso.