mércores, 22 de outubro de 2008

ANÁLISE DE APARELLOS: O FERRO DA ROUPA

NOME DO APARELLO:
En Galego: Ferro da roupa
En Castelán: Plancha
En Inglés: Iron
En Francés:Fer á repasser



DESCRICIÓN DO APARELLO
Orixe:
Sitúase como a orixe do Ferro, aproximadamente no século IV d. C. Hai documentos que indican que os chineses utilizaban un recipiente de lata, que contiña brasas e posuía un mango. En occidente comezouse a usar un alisador de vidro, mármore ou madeira, que se utilizaba en frío e empregábase xunto coa goma de amidonar que non permitía traballar en quente, ata ao redor do Século XV. Xa no Século XVII aparece a cita do termo “pasar o Ferro”. E os primeiros Ferros, xeralmente realizados en ferro, quentábanse ao lume. Posteriormente apareceron os Ferros ocos que se cargaban de brasas, denominándose “pasar o Ferro a carbón”. No Século XIX apareceron os Ferros de lavandería. En 1882 apareceu o primeiro Ferro eléctrico. En 1924, Joseph W. Myers inventou o Ferro eléctrico con termóstato (control de temperatura). En 1926, en Nova York, a empresa Elder Co. sacou á venda o ferro de uso doméstico a vapor.


Función principal:

O Ferro é un electrodoméstico que serve para pasar o Ferro, é dicir, alisar a roupa quitándolle engurras.

Compoñentes ou partes:
Enchufe, cable, zapata (contén a resistencia que se caldea coa corrente), termóstato (control da temperatura), reóstato (resistencia variable), tanque de auga.
OPERACIÓN DE MONTAXE-DESMONTAXE.
Primeiro separamos a parte posterior quitando un parafuso.
A continuación sacamos a parte superior do mango con moito coidado para non estragar as pestanas que ten.
Despois quitando outro parafuso separamos unha parte da carcasa. A continuación quítaselle o depósito da auga con tres parafusos e desmóntase a parte inferior (zapata) con tres parafusos máis.





PROBLEMA DETECTADO NO APARELLO.
Este Ferro fai masa na resistencia da zapata e produce un curtocircuíto que fai saltar o diferencial da instalación. Sen embargo, pode usarse en calquera enchufe que non teña toma de terra sen producir ningún curtocircuíto, aínda que non é o máis recomendable.

Ningún comentario: