venres, 5 de decembro de 2008

Montaxe do Belén


Este curso ocupámonos de novo da montaxe do Belén do Instituto os alumnos de Diversificación (xa o fixeramos durante o curso pasado cando estabamos en 3º Diver).
Na montaxe do Belén hai unha parte eléctrica, necesaria para alimentar as luces do Nacemento, a bomba de auga que subministra a auga do río, o motor do serradoiro que simula o movemento da Noria polo empuxe da auga do río e o motor do muíño de vento.


A novidade respecto a cursos anteriores, é que nesta montaxe incorporamos control electrónico para o acendido e apagado das luces e motores. Para realizar este control automático necesitamos de 2 elementos electrónicos:
  • Unha tarxeta controladora por porto paralelo do PC, que se construíu no Taller do Instituto en cursos anteriores, que nos permite a través dos seus relés de saída, alimentar as luces de 220 VAC e os motores de continua.
  • A tarxeta controladora Arduino que nos permite substituír o ordenador por esta pequena placa de apenas 10 cm x 6 cm.
A placa Arduino que temos no Taller é conectable a un ordenador por porto paralelo e utiliza o seu propio programa (chamado tamén Arduino) realizado na linguaxe de programación Processing.
Inicialmente tivemos que programar a secuencia de acendido e apagado (e as temporizacións) no programa Arduino e unha vez cargado o programa na placa, esta é autónoma e controla as luces e motores utilizando como interfase a placa controladora por porto paralelo do PC.
Nas fotos podedes observar fotos do Belén.
En outro artigo comentaremos en máis detalle o uso da Placa Arduino e a súa conexión.



Ningún comentario: