venres, 30 de outubro de 2009

Comezamos un novo Curso e hai novos membros da páxina

Este curso voltamos a comezar un novo ciclo de 2 anos de Diversificación, durante os próximos 2 anos os membros do Blog serán:
Iván, Dani, Gloria, María e Fanny, ademais de Manoliño (o profe).

Cadrados máxicos

Os cadrados máxicos son ordenacións de números en celas formando un cadrado, de tal modo que a suma de cada unha das filas, de cada unha das columnas e de cada unha das diagonais de o mesmo resultado.
A orixe dos cadrados máxicos e moi antiga, os Chinos e os Indúes coñecíanos antes da era cristiá. Desde o S. XVI, se sabe que co método seguinte podemos facer calquera tipo de cadrado que teña un número impar de celas de lado, seguindo o seguinte esquema:
Ademais, investigando en diferentes páxinas de internet descubrimos que hai moitos máis métodos para facer cadrados máxicos. Tamén descubrín que nas obras de arte aparecen cadrados máxicos, como en cuadros de DURERO ou esculturas de GAUDI (na Sagrada Familia).
Ademais de cadrados, pódese crear calquera outra figura xeometrica máxica (círculos, hexágonos, etc).
Como parte deste traballo mostro un cadrado máxico de 6x6 celas que fixen eu mesma: