luns, 23 de novembro de 2009

Como se licúa o aire?

O traballo que nos tocou relativo ó Tema: Aire e Atmosfera foi o de buscar información sobre os sistemas industriais de licuado de aire, que segundo parece son os sistemas que se usan para obter entre outros o Osíxeno e Nitróxeno líquidos (para sistemas de refrixeración, etc). Buscando en Internet atopamos unha boa información en Wikipedia que poñemos a continuación:

O sistema de Linde-Hampson é un sistema de licuefacción de gases moi estendido en aplicacións pouco esixentes de Crioxenia debido a súa sinxeleza e basease para o seu funcionamento no Efecto Joule-Thomson.


O sistema de Linde-Hampson Simple, está composto por un compresor, un cambiador de calor, unha válvula de expansión e un depósito para o gas licuado. O gas de aporte (aire) entra ó sistema a través do compresor, onde se lle aplica traballo e extraese o calor, tras o compresor o gas atópase comprimido a temperatura ambiente. A continuación o gas pasa por un intercambiador de calor onde arrefría, e despois, o gas frío e comprimido expándese a través dunha válvula ata a presión ambiente, nesta expansión o gas arrefría aínda máis debido o efecto Joule-Thomsom e pasa á cámara de licuación, nesta cámara parte do gas entra en estado de líquido saturado e retírase.

É deste aire en estado líquido de onde se obteñen a diferentes temperaturas o Osíxeno, Nitróxeno e os demais gases compoñentes do aire en estado líquido, que servidos en bombonas utilízanse en diversas aplicacións (Nitróxeno para Crioxenización, Osíxeno para soldadura, Neón para lámpadas, etc).

O esquema do sistema e o ciclo termodinámico seguido polo gas se mostran na imaxe superior.

Ningún comentario: