luns, 2 de novembro de 2009

Saíndo a por Cogomelos

As saídas da clase de ámbito científico que fixemos co profesor para buscar cogomelos foron moi produtivas, aprendemos o nome de moitas clases de cogomelos. Entre os cogomelos que vimos atopamos unha especie rara pola súa forma atípica e difícil de encontrar, entón decidimos facer o traballo sobre este cogomelo denominado Ramaria ou Clavaria (non sabemos exactamente a variedade). A continuación mostramos unha foto dun dos exemplares que atopamos nunha carballeira.
Posteriormente buscamos información en internet, e creemos que o exemplar atopado por nós se corresponde cunha ramaria formosa e a continuación mostramos unha foto obtida de internet.


A ramaria formosa distínguese por ter na súa xuventude o tronco branquecino, as ramas de cor asalmoado e os tápices amarelentos. Pode producir indixestións ou ser purgante. Aparece a mediados do outono, baixo faias ou carballos. É pouco común e ademais é tóxica. (Información atopada en internet).

Traballo realizado por: Fanny e María.

Ningún comentario: