luns, 1 de febreiro de 2010

Construción Máquina da Vinci II


Seguindo os planos de fabricación do Kit nº 100.850 da Máquina II de Leonardo da Vinci de Opitec, construímos unha maqueta da que mostramos unha foto e un vídeo do seu funcionamento.
Fixemos algún cambio mínimo respecto ó plano orixinal, por exemplo para lograr que o martelo subise máis en cada movemento, para o cal cambiamos a relación de pesos entre o martelo e o seu contrapeso. A nosa memoria de construción pode descargarse premendo no seguinte enlace: Memoria Construción Máquina de Leonardo II: Martelo mecánico.