xoves, 14 de outubro de 2010

René Descartes e o plano cartesiano

Este primeiro traballo que me tocou facer no novo curso trata sobre o pai da Xeometría Analítica: René Descartes, xa que no tema que estamos dando agora en Ámbito Científico estamos vendo a representación de funcións no plano cartesiano, a información atopeina en Wikipedia.

René  Descartes, tamén coñecido como Cartesius (Haye en Touraine o 31 de marzo de 1596-Estocolmo o 11 de febreiro de 1650), foi un filósofo e matemático francés, inventor do sistema de coordenadas do plano cartesiano, que influíu no desenvolvemento do cálculo moderno.
O PLANO CARTESIANO
En xeral, Descartes describiu un sistema de referencia respecto a un só eixe (liña recta), respecto de dous eixes (un plano) ou respecto de tres eixes (no espazo), perpendiculares entre si (plano e espazo), que se cortan nun punto chamado orixe de coordenadas.
No plano, as coordenadas cartesianas (ou rectangulares) X e Y denomínanse abscisa e ordenada, respectivamente.

Un punto calquera, no plano cartesiano, está formado por 2 números reais que representan as coordenadas X (positiva se está situada á dereita do punto O, e negativa se está á esquerda) e Y (positiva se está situada por enriba do punto O, e negativa se está por debaixo dese punto). Dito punto chamase centro de coordenadas O (orixe) e asóciase ó valor (0,0).

1 comentario:

Anónimo dixo...

asi m gusta maria q traballeees!!!!