venres, 26 de novembro de 2010

Construción dunha porta de garaxe (Parte 2)

...seguimos coa construción da porta de garaxe:
Material:
Un taboleiro de aglomerado (para a base) de 25 de ancho, 50 de longo e 10 mm de grosor, unha variña roscada de 8 mm de diámetro, 5 tuercas de 13 mm de diámetro exterior e 8 mm de diámetro interior, 2 tacos de madeira de 8 cm de longo e 2,5 cm de ancho, 2 paredes laterais de contrachapado de 25,5 cm de alto, 9 cm de ancho e 10 mm de grosor, 1 parede frontal de contrachapado de 25 cm de alto, 50 cm de ancho e 10 mm de grosor, unha polea de madeira de 42 mm de diámetro, 4 finais de carreira (2 grandes e 2 pequenos), unha goma elástica, unha guía de plástico de 130 mm de longo e 12 mmd e ancho, un motor de 12 V cun eixe de 6 mm, cables eléctricos de 1 só fío de 1 mm de diámetro e 4 finais de carreira (2 grandes e 2 pequenos).

Ferramentas:
Serra de costela, regra, gubia, escofina, escuadra, chave inglesa, chave plana, trade de banco e lapis de carpinteiro.

Proceso de Construción: 
  • Cortamos a base de aglomerado e as paredes laterais e frontal de contrachapado coas medidas anteriormente sinaladas.
  • Recortamos tamén a porta de contrachapado de 15cm de alto x 20cm de ancho.
  • Fixemos os buratos nos 2 tacos de madeira de 7mm que serán o soporte da porta, para que poida pasar por eles a variña roscada. Cada taco de madeira leva unha tuerca insertada.
  • Colocamos 3 tuercas na variña para facer de tope.
  • Recortamos a polea cunha coroa circular de 42 mm de diámetro sobre contrachapado de 10mm de grosor.
  • Insertamos a polea na variña roscada e a fixamos con 2 tuercas.

Chegados a este punto comezamos a realizar a montaxe de todo o conxunto, quedando como se mostra na fotografía seguinte:
Unha vez realizada a estrutura principal da porta de garaxe, quédannos por colocar o motor, a guía da porta e os interruptores finais de carreira, pero iso o mostraremos na seguinte entrada.
Continuará...

Construción do Adestrador Dixital (Parte 3)

...continuamos soldando os LED coas súas correspondentes resistencias de 560 e 470 Ohm, segundo deban ir en serie cos LED vermellos (as primeiras) ou cos LED verdes e amarelos (as segundas). De seguido pasamos a soldar as resistencias en serie con cada unha das conexións dos 2 displays de 7 segmentos. 
Na seguinte imaxe pode verse o adestrador dixital pola súa parte inferior e mostra como quedaron as soldaduras.


O esquema que seguimos de conexionado do adestrador dixital, foi a seguinte imaxe (feita en paint), onde se mostran as conexións como se as estiveramos a ver pola parte inferior do adestrador:
Observando en detalle a imaxe anterior, pode verse que os displays de 7 segmentos son de ánodo común, é dicir, teñen unha conexión común (a central) que debe conectarse a 5 V. Polo tanto, as entradas do display para activar os distintos segmentos (a, b, c, d, e, f, g) denben ir a través da resistencia ata masa. Funcionan, polo tanto, con lóxica negativa ("1 lóxico" son 0V e "0 lóxico" son 5 V).
Por último, rematamos a construción do adestrador dixital etiquetandoo convenientemente.

luns, 22 de novembro de 2010

Construción do Adestrador Dixital (Parte 2)


... seguimos a comentar o proceso de construción do adestrador dixital.
Despois de facer os furados na bandexa, fomos colocando os compoñentes nos seus respectivos lugares asegurándoos con cola branca cando foi necesario. Na imaxe seguinte pode verse a vista inferior da bandexa onde se aprecian as patiñas de cada compoñente:
                                                                  
E nesta outra imaxe pode observarse a vista superior da bandexa, cos compoñentes xa na súa posición definitiva (só faltan os conectores) e aínda sen colocar a placa protoboard:          

Puxemos unha regreta de conexión para poñer os cables de alimentación (que extraeremos dunha das mesas de electricidade do taller), levando o cable vermello (5 V) ata o interruptor do adestrador dixital que conta cun LED vermello e unha resistencia de 560 ohmios en serie  antes de unilos á masa (cable negro).
Na imaxe seguinte, poden verse tamén as soldaduras dos interruptores que levarán os 5 V ata os conectores unidos a cada un deles cando se poñan en ON.

Segundo vamos facendo as soldaduras de cada compoñente, imos comprobando a súa correcta realización co polímetro (mirando a continuidade en cada conexión).
Na imaxe seguinte se aprecia como fumos avanzando no proceso de soldadura dos pulsadores.
Nesta fase de soldadura dos compoñentes, falta aínda o máis complicado, a soldadura de cada un dos LED coa correspondente resistencia en serie e, sobre todo, a conexión dos displays de 7 segmentos, pero isto o mostraremos nunha próxima entrada.
Continuará...

mércores, 17 de novembro de 2010

Construción dunha porta de garaxe (Parte 1)

Este curso, en Tecnoloxía, estamos a traballar a Electrónica dixital, e ao noso grupo tocounos, como primeiro proxecto, construír a porta de garaxe que deberá ser controlada polo circuíto dixital que deseñaremos, probaremos no programa simuladordixital095 e testearemos no adestrador dixital que está elaborando o outro grupo.
A nosa misión é construír unha porta de garaxe con 3 interruptores de activación (finais de carreira) seguindo as indicacións do exercicio obtido do curso Platega (Referencia: X0904019) sobre Electrónica Dixital ao que asistiu o profesor durante o ano 2009. De seguido móstrase unha imaxe cun resumo das condicións iniciais que debe cumprir a porta de garaxe (pinchar nela para vela máis grande):
A primeira decisión que tomamos foi sobre o sistema de apertura e peche que debería levar o noso proxecto e o seu tamaño. Buscando en Internet diferentes opcións para mover a porta, atopamos unha que nos gustou  nun vídeo (preme no enlace para ver o vídeo) en YouTube subido por Pedro Jara (premendo no enlace anterior podedes acceder á súa canle en YouTube), así que decidimos adoptala.
Recompilación de material:
No almacén da aula-taller recollimos todo o material que necesitamos para este proxecto, en próximas entradas faremos un inventario completo.
Continuará...

Construción do Adestrador Dixital (Parte 1)

Este curso, en Tecnoloxía, estamos a traballar a Electrónica dixital, e ao noso grupo tocounos, como primeiro proxecto, facer un Adestrador Dixital que permita comprobar os circuítos que iremos deseñando no ordenador co programa simuladordixital095 de Arturo J. M. de Priego Paz Soldá. Por isto, nos pediu que fixeramos un adestrador o máis parecido posible ao da imaxe seguinte (captura de pantalla do progrma simuladordixital095).
Recompilación do material:
Para comezar o profesor proporcionounos dúas bandexas de plástico branco que deberiamos utilizar como soporte dos compoñentes do simulador, de 23 x 34 mm e de  28 x 43 mm, da que eliximos a maior (de 28 x 43 mm) para que resultara máis sinxelo colocar os diversos compoñentes e soldalos, quedando a pequena como recipiente dos compoñentes e para realizar probas de furado.
Decidimos primeiramente reducir o número de compoñentes que levará o noso Adestrador Dixital respecto ao simulador, de seguido se pode ver unha imaxe de como debería quedar o noso adestrador, pois diminuímos o número de entradas (interruptores e pulsadores) e saídas (LED e Display de 7 segmentos).

De seguido, o profesor subministrounos os compoñentes necesarios para construir o adestrador:
1 placa protoboard, 7 interruptores, 4 pulsadores, 2 displays de 7 segmentos, 7 LED vermellos, 6 LED verdes, 6 LED amarelos, 64 conectores, 21 resistencias de 560 Ohmios e 8 resistencias de 470 Ohmios.

Proceso de construcción do Adestrador Dixital:
Primeiro sinalamos a posición que ocuparán os diversos compoñentes para proceder ao furado coas brocas necesarias (segundo o compoñente a insertar na bandexa).
 Continuará...

mércores, 10 de novembro de 2010

Prácticas de Electrónica Dixital

Na materia de Tecnoloxía de 4º Diversificación, durante a 1ª avaliación estamos a facer os proxectos de taller dedicados á electrónica dixital, combinando isto coa teoría sobre o mesmo tema (obtención de función dixital, simplificación da función e deseño do circuíto con portas lóxicas).
Os proxectos que están a elaborarse son os seguintes:
- Realización dun adestrador dixital similar ó programa de simulación simuladordigital095, elaborado por Arturo J. M. de Priego Paz Soldá, coa idea de utilizalo para realizar prácticas de electrónica dixital.

- Construción dunha porta de garaxe con 3 interruptores (finais de carreira) de activación seguindo o exercicio obtido do curso Platega de Electrónica Dixital, co obxectivo de usala nunha práctica de electrónica dixital.

- Elaboración dun circuíto electrónico dixital de activación da porta do garaxe segundo unhas premisas que se indicarán.  O circuíto debe ser simulado por software (co simuladordigital095) antes de montalo no adestrador dixital.

En próximas entradas se irá mostrando o proceso de elaboración dos proxectos.

Electrónica dixital


Na electrónica utilízanse dous tipos de sinais: dixital e analóxico.
Os sinais analóxicos son sinais reais que varían de forma continúa, por exemplo: temperatura, presión, pola contra a sinal dixital é aquela na que a magnitude en cada instante de tempo so pode tomar un de dous valores.
A electrónica dixital é o conxunto de técnicas e aparellos que se utilizan para a transmisión da sinal dixital. Actualmente gran parte dos automatismos están baseados na electrónica dixital, debido ás súas vantaxes: maior inmunidade ao ruído, menor custo, maior flexibilidade debido ao carácter programable e gran facilidade de conexión dos dispositivos. A súa base matemática na álxebra de Boole é a que utiliza un sistema de numeración binario.
A lóxica pode ser positiva e negativa.

                       0-nivel baixo                                      0-nivel alto
Lóxica positiva                                  Lóxica negativa
                      1-nivel alto                                         1-nivel baixo

Hai tres operacións básicas: suma (OR), produto (AND) e negación (NOT).
Para representar os posibles valores dunha función lóxica poden empregarse as táboas de verdade.

Funcións Lóxicas
As funcións lóxicas permítennos representar matematicamente o estado que adopta a saída dun circuíto dixital en función das entradas.

Portas Lóxicas
As portas lóxicas representan elementos empregados fisicamente nun circuíto dixital. Hai entre outras, unha porta para cada operación fudamental OR, AND e NOT, pero tamén exiten outras portas como por exemplo as portas universais (poden substituir a calquera tipo de porta) e son: NAND e NOR ou as portas XOR e XNOR.

martes, 9 de novembro de 2010

Os raios X, Gamma, Alfa e Beta

Na clase de ámbito científico estamos dando química... e a min tocoume expoñer as partículas ou raios X, Gamma, Beta e Alfa. A continuación falareivos un pouco deles.

RAIOS X:
Os raios X foron descubertos por W. Conrad Roentgen, designan unha radiación electromagnética invisible capaz de atravesar corpos opacos. Son unha radiación ionizante, e decir, orixinan partículas con carga (ions).

RAIOS GAMMA:
Os raios Gamma son un tipo de radiacións elegtromagnéticas producidas xeralmente por elementos radiativos. Non poseen masa nin carga (pois son fotóns), pero a súa enerxía e superior a dos raios Beta e Alfa.

RAIOS BETA:
Os raios Beta foron descubertos por Becquerel. É un electrón que sae despedido dun suceso radiativo.

RAIOS ALFA:
Os raios Alfa son núcleos de helio completamente ionizados, polo tanto con carga +2


Esta información saqueina de Wikipedia e da enciclopedia do estudante de física e química de Santillana.