mércores, 17 de novembro de 2010

Construción do Adestrador Dixital (Parte 1)

Este curso, en Tecnoloxía, estamos a traballar a Electrónica dixital, e ao noso grupo tocounos, como primeiro proxecto, facer un Adestrador Dixital que permita comprobar os circuítos que iremos deseñando no ordenador co programa simuladordixital095 de Arturo J. M. de Priego Paz Soldá. Por isto, nos pediu que fixeramos un adestrador o máis parecido posible ao da imaxe seguinte (captura de pantalla do progrma simuladordixital095).
Recompilación do material:
Para comezar o profesor proporcionounos dúas bandexas de plástico branco que deberiamos utilizar como soporte dos compoñentes do simulador, de 23 x 34 mm e de  28 x 43 mm, da que eliximos a maior (de 28 x 43 mm) para que resultara máis sinxelo colocar os diversos compoñentes e soldalos, quedando a pequena como recipiente dos compoñentes e para realizar probas de furado.
Decidimos primeiramente reducir o número de compoñentes que levará o noso Adestrador Dixital respecto ao simulador, de seguido se pode ver unha imaxe de como debería quedar o noso adestrador, pois diminuímos o número de entradas (interruptores e pulsadores) e saídas (LED e Display de 7 segmentos).

De seguido, o profesor subministrounos os compoñentes necesarios para construir o adestrador:
1 placa protoboard, 7 interruptores, 4 pulsadores, 2 displays de 7 segmentos, 7 LED vermellos, 6 LED verdes, 6 LED amarelos, 64 conectores, 21 resistencias de 560 Ohmios e 8 resistencias de 470 Ohmios.

Proceso de construcción do Adestrador Dixital:
Primeiro sinalamos a posición que ocuparán os diversos compoñentes para proceder ao furado coas brocas necesarias (segundo o compoñente a insertar na bandexa).
 Continuará...

Ningún comentario: