venres, 26 de novembro de 2010

Construción do Adestrador Dixital (Parte 3)

...continuamos soldando os LED coas súas correspondentes resistencias de 560 e 470 Ohm, segundo deban ir en serie cos LED vermellos (as primeiras) ou cos LED verdes e amarelos (as segundas). De seguido pasamos a soldar as resistencias en serie con cada unha das conexións dos 2 displays de 7 segmentos. 
Na seguinte imaxe pode verse o adestrador dixital pola súa parte inferior e mostra como quedaron as soldaduras.


O esquema que seguimos de conexionado do adestrador dixital, foi a seguinte imaxe (feita en paint), onde se mostran as conexións como se as estiveramos a ver pola parte inferior do adestrador:
Observando en detalle a imaxe anterior, pode verse que os displays de 7 segmentos son de ánodo común, é dicir, teñen unha conexión común (a central) que debe conectarse a 5 V. Polo tanto, as entradas do display para activar os distintos segmentos (a, b, c, d, e, f, g) denben ir a través da resistencia ata masa. Funcionan, polo tanto, con lóxica negativa ("1 lóxico" son 0V e "0 lóxico" son 5 V).
Por último, rematamos a construción do adestrador dixital etiquetandoo convenientemente.

Ningún comentario: