venres, 26 de novembro de 2010

Construción dunha porta de garaxe (Parte 2)

...seguimos coa construción da porta de garaxe:
Material:
Un taboleiro de aglomerado (para a base) de 25 de ancho, 50 de longo e 10 mm de grosor, unha variña roscada de 8 mm de diámetro, 5 tuercas de 13 mm de diámetro exterior e 8 mm de diámetro interior, 2 tacos de madeira de 8 cm de longo e 2,5 cm de ancho, 2 paredes laterais de contrachapado de 25,5 cm de alto, 9 cm de ancho e 10 mm de grosor, 1 parede frontal de contrachapado de 25 cm de alto, 50 cm de ancho e 10 mm de grosor, unha polea de madeira de 42 mm de diámetro, 4 finais de carreira (2 grandes e 2 pequenos), unha goma elástica, unha guía de plástico de 130 mm de longo e 12 mmd e ancho, un motor de 12 V cun eixe de 6 mm, cables eléctricos de 1 só fío de 1 mm de diámetro e 4 finais de carreira (2 grandes e 2 pequenos).

Ferramentas:
Serra de costela, regra, gubia, escofina, escuadra, chave inglesa, chave plana, trade de banco e lapis de carpinteiro.

Proceso de Construción: 
  • Cortamos a base de aglomerado e as paredes laterais e frontal de contrachapado coas medidas anteriormente sinaladas.
  • Recortamos tamén a porta de contrachapado de 15cm de alto x 20cm de ancho.
  • Fixemos os buratos nos 2 tacos de madeira de 7mm que serán o soporte da porta, para que poida pasar por eles a variña roscada. Cada taco de madeira leva unha tuerca insertada.
  • Colocamos 3 tuercas na variña para facer de tope.
  • Recortamos a polea cunha coroa circular de 42 mm de diámetro sobre contrachapado de 10mm de grosor.
  • Insertamos a polea na variña roscada e a fixamos con 2 tuercas.

Chegados a este punto comezamos a realizar a montaxe de todo o conxunto, quedando como se mostra na fotografía seguinte:
Unha vez realizada a estrutura principal da porta de garaxe, quédannos por colocar o motor, a guía da porta e os interruptores finais de carreira, pero iso o mostraremos na seguinte entrada.
Continuará...

Ningún comentario: