mércores, 10 de novembro de 2010

Prácticas de Electrónica Dixital

Na materia de Tecnoloxía de 4º Diversificación, durante a 1ª avaliación estamos a facer os proxectos de taller dedicados á electrónica dixital, combinando isto coa teoría sobre o mesmo tema (obtención de función dixital, simplificación da función e deseño do circuíto con portas lóxicas).
Os proxectos que están a elaborarse son os seguintes:
- Realización dun adestrador dixital similar ó programa de simulación simuladordigital095, elaborado por Arturo J. M. de Priego Paz Soldá, coa idea de utilizalo para realizar prácticas de electrónica dixital.

- Construción dunha porta de garaxe con 3 interruptores (finais de carreira) de activación seguindo o exercicio obtido do curso Platega de Electrónica Dixital, co obxectivo de usala nunha práctica de electrónica dixital.

- Elaboración dun circuíto electrónico dixital de activación da porta do garaxe segundo unhas premisas que se indicarán.  O circuíto debe ser simulado por software (co simuladordigital095) antes de montalo no adestrador dixital.

En próximas entradas se irá mostrando o proceso de elaboración dos proxectos.

Ningún comentario: