mércores, 15 de decembro de 2010

Elaboración do circuíto dixital de control da porta de garaxe

Rematada xa a construción da maqueta da porta de garaxe e do adestrador dixital, pasamos á última fase do proxecto de electrónica dixital para a 1ª avaliación do curso de Tecnoloxía de 4º Diversificación (andamos un pouco pillados de tempo), que consiste en deseñar un circuíto de control dixital para a apertura dunha porta de garaxe.
Cada alumno xa ten feitos en papel os cálculos necesarios para determinar o circuíto de control dixital (se mostrarán nunha entrada posterior deste blogue) e dividiremos o traballo do seguinte xeito, o grupo de Iván e Gloria implementarán o seu deseño no simulador dixital (simuladordigital095), mentres o grupo de Fanny, María e Dani construirán o circuíto dixital no adestrador.
Se todo vai ben, o último paso será conectar o circuíto montado no adestrador dixital á porta de garaxe e comprobar que o conxunto funciona segundo as condicións indicadas inicialmente.
 A conexión entre o circuíto dixital e a porta de garaxe se fará utilizando como interfase unha controladora por porto paralelo que fixemos xa fai algúns anos no Taller.
A instalación de tódolos compoñentes (a falta da realización do circuíto de control), queda como se mostra na foto:
O motor da porta de garaxe e a controladora por porto paralelo deben alimentarse a 12 voltios. E o adestrador dixital usa unha alimentación de 5 V.
Na imaxe anterior se mostra como conectar o motor para que se produza a inversión de xiro en función da activación de S1 ou de S2.
Cando S1 ou S2 se activen (5 voltios), producirán a activación dos relés 1 ou 2 da placa controladora.
Estes relés teñen a conexión esquerda a masa, a central co motor e a dereita a 12 voltios. O relé desactivado conecta o motor á masa e cando un dos relés se activa, conecta o motor a 12 V.

Ningún comentario: