luns, 10 de outubro de 2011

Multiplicación Exipcia

Nesta entrada imos a explicar o algoritmo de multiplicación utilizado antigamente polos Exipcios.
Para este exemplo, imos a realizar a multiplicación:
O método Exipcio consistía no seguinte:

Dispoñían os números en 2 columnas, na  columna da esquerda poñían o número maior, neste caso o 12; e na columna da dereita o número menor, neste caso o 9.
O fundamento do método exipcio era o de reemplazar a multiplicación de ambos números pola súa duplicación, o cal é unha operación moito máis sinxela de calcular.
Como se pode ver no debuxo inferior, a primeira fila na columna dereita comezaba sempre co número 1. O cal se ía duplicando en fases sucesivas coa condición de non superar o número que temos na parte superior da columna, neste exemplo o número 9.
Neste exemplo, en 4 etapas chegamos ata o número 8 que é onde rematamos o proceso, pois unha etapa máis nos levaría ata o número 16 que é maior que 9.

Agora vamos a facer a columna da esquerda:

A partir do número 12 (1ª etapa) vamos duplicando os números, o seguinte é o 24,  o dobre de 24 é 48 e o de 48 é 96 e ahí paramos de duplicar porque xa estarían as 4 etapas completadas.

Despois temos que sumar os números da columna da dereita de maneira que nos dean 9 que serían o 8 + 1 = 9. Para isto acabamos de seleccionar os números da e etapas.

Por isto, da columna da esquerda, sumamos os números da 1ª e 4ª etapas, é dicir,  12 + 96 = 108 que é o resultado da multiplicación de 12 x 9.



Para rematar, imos a poñer un último exemplo:
   

1 comentario:

Trasteando dixo...

Impresionante, moi ben explicado.
Escrito por Manoliño