mércores, 2 de novembro de 2011

Linneo


Carl von Linné, "Linneo" naceu na rexión rural de Råshult, ao sur de Suecia. O seu pai foi o primeiro da súa estirpe en adoptar un apelido permanente, inspirándose nun tileiro que había nas terras da familia, Nils escolleu o nome Linnaeus, como forma latinizada de lind, "tileiro" en idioma sueco.

Linneo realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e, cara a 1730, empezou a dar conferencias de Botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde  estudou e publicou unha primeira edición do seu "Systema Naturae" nos Países Baixos. De regreso a Suecia converteuse en profesor de Botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes. No momento da súa morte, era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa.

Foi un dos pais da "TAXONOMÍA" (a ciencia que estuda e clasifica os seres vivos).
Calquera campo biolóxico que estude ás especies está suxeito á clasificación taxonómica linneana, e en extensión, aos seus rangos xerárquicos, particularmente se se leva a cabo a integración de organismos vivintes con especies fósiles.
Información e imaxes obtidas de Wikipedia.

Linneo nunha expedición a Laponia