xoves, 15 de novembro de 2012

Proxectos Tecnoloxía 1º trimestre

En Tecnoloxía de 4º Diversificación estivemos, durante esta 1ª avaliación, repasando os contidos de electrónica analóxica.
No que resta de avaliación imos a realizar os primeiros proxectos do curso, esperando que non nos leven demasiado tempo. Durante a 2ª avaliación faremos proxectos de robótica, traballando fundamentalmente coa placa Arduino e na 3ª avaliación (xa na aula de informática) programaremos móbiles Android con Google App Inventor.
Pero centrándonos no traballo que realizaremos durante esta 1ª avaliación, a selección de proxectos e grupos foi a seguinte:
En vindeiras entradas cada grupo porá neste blogue a información que vaia recompilando en internet, así como a memoria de construción, fotografías e vídeos sobre os seus proxectos.

luns, 29 de outubro de 2012

III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego

Se premes na imaxe anterior podes ver o vídeo subido a YouTube.
Entre as actividades relacionadas co III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego que imos a realizar no IES. Chano Piñeiro, no departamento de Tecnoloxía imos a preparar as relacionadas con Leonardo Da Vinci.
Decidimos presentar as maquetas construídas no Taller de Tecnoloxía en cursos anteriores, facendo os arranxos necesarios e acoplando as norias para auga ós proxectos das máquinas de Leonardo I e II e mostrar tamén unha maqueta que mostra a relación de transmisión entre engrenaxes de diferente tamaño.
 Se premes na imaxe anterior podes ver o vídeo subido a YouTube.
Ademais da posta a punto destes proxectos de cursos anteriores, a nosa presentación vai contar cunhas fichas explicativas de cada un deles.
Tamén utilizaremos como axuda os libros sobre Leonardo da Vinci que hai na Biblioteca do Instituto e varios vídeos obtidos de Internet.

martes, 11 de setembro de 2012

Benvidos ó curso 2012-2013

O vindeiro luns 17 de setembro comezaremos o curso 2012-2013, co que completaremos o periodo de dous anos da presente quenda de PDC.
O profesor que continuará a impartir a materia de Ámbito Científico, que xestiona este blogue e lles escribe estas palabras, dalles de novo a benvida ós alumnos que, tendo superado o curso de 3º PDC, comezarán o de 4º PDC e que lles permitirá obter o título da ESO neste curso:

  • Daniel Álvarez
  • Katia Gaiteiro
  • Andrea Garrido
  • Susana Lamas
  • Estefanía López

Como xa fixemos en cursos anteriores, iremos incorporando a este blogue a información de maior interese durante o desenrolo da materia de Ámbito Científico e tamén da materia de Tecnoloxía de 4º PDC.

Benvidos ó novo Curso.

venres, 1 de xuño de 2012

Construción da Criba para a horta

Como en breve teremos que peneirar a terra, para retirar as pedras, ou o compost, para separar os compoñentes de maior tamaño non compostados, decidimos construir unha Criba.
Como seguimos a ter unha boa cantidade de pequenos taboleiros de madeira maciza de pino duns pallets que estamos a reutilizar, decidimos utilizalos para construir a Peneira ou Criba.
Para a súa construción seguimos o plano de construción ó que se pode acceder premendo no seguinte enlace: Construción Criba.pdf.
A construción da Peneira levounos unhas 2 horas, de seguido se mostra como quedou finalmente.

xoves, 31 de maio de 2012

Construción dos composteiros para a horta

Seguimos a traballar na horta do IES. Chano piñeiro, e agora tócalle o turno á realización do composteiro.
Despois de ler algúns libros sobre o tema e consultar páxinas en internet, decidimos que polas reducidas dimensións do noso xardín o máis convinte era utilizar colectores plásticos como composteiros.
Decidimos ir á ferretería de Forcarei a comprar 2 colectores plásticos de cor negra de 95 L. de capacidade que, seguindo deseños atopados en internet, imos a convertir en 2 pequenos composteiros.
O proceso de construción dos composteiros se recolle no seguinte documento: Construción composteiro.pdf.
O tempo invertido na realización dos composteiros (unha vez recompilados tódolos materiais necesarios) foi de 2 horas.

sábado, 5 de maio de 2012

Construción do invernadoiro para a horta

colocando o invernadoiro na horta

Como xa indicamos na entrada anterior, a partires da metade deste curso estamos a manter unha horta e un xardín nun dos patios interiores do IES. Chano Piñeiro.
Foto detalle do invernadoiro En próximas entradas mostraremos un plano do xardín e da horta, con indicacións sobre a súa orientación, horas de sol, etc. Pero nesta entrada imos a escribir sobre o mini invernadoiro que construímos para a nosa horta.
Vista interior, con vista detallada dos arcos de aramePara protexer os cultivos máis delicados fronte á humidade ou o frío, decidimos construír un pequeno invernadoiro de aproximadamente a metade da extensión da nosa pequena horta.
Coa participación dos alumnos de 3º e 4º diversificación e aproveitando parte do material do que dispoñemos na aula taller (madeira de pino procedente de pallets, etc) e outro material comprado para a ocasión (plástico para invernadoiro e arame galvanizado de 4 mm de diámetro), construímos as partes do invernadoiro no taller e realizamos a montaxe no mesmo xardín.

Os listóns de madeira cortámolos coa serra circular e serras de costela e a unión dos listóns realizámola furando os listóns e colocando espigas de madeira con cola branca.
As dimensións aproximadas do invernadoiro son 2,5m de fondo, 1,7 m de ancho e 1m de alto, é dicir, duns 4 metros cadrados de superficie e un volume duns 3,5 metros cúbicos.

Os planos do invernadoiro en formato PDF, foron realizados co programa Qcad sobre ubuntu 10.4 e poden descargarse desde este enlace: Plano invernadoiro.pdf.

O custo do invernadoiro correspondeuse co precio do plástico e do arame galvanizado utilizado (o resto era material do que xa dispoñíamos no taller) e foi duns 11 euros.

venres, 23 de marzo de 2012

Xardín e horta do IES. Chano Piñeiro

Aproveitando a mellora dun patio interior do Instituto, imos a encargarnos, xunto ós alumnos de 4º diversificación, da plantación e mantemento dun xardín ornamental e dunha pequena horta didáctica (duns 9 metros cadrados).

En vindeiras entradas iremos explicando os detalles do proxecto, que incluirá a realización dun plano do espazo, o deseño e construción dun invernadoiro, deseño e realización dun composteiro.

Ademais realizaremos o sembrado, plantación e coidado do xardín e da horta. E coa axuda do departamento de Bioloxía se identificarán as diversas plantas do xardín co seu nome científico e en galego.

Nesta primeira entrada poñemos 2 fotos, na da cabeceira están Estefanía e Daniel regando a horta, e na foto que remata esta entrada están Katia, Andrea e Susana realizando labores de limpeza entre as plantas ornamentais.