mércores, 17 de abril de 2013

Horta e Xardín do IES. Chano Piñeiro

Horta a finais de abril
Aproveitando que por fin empeza a facer un tempo primaveral, imos a reflectir nesta entrada a evolución da horta e do xardín.
 Horta a mediados de maio
 Horta a principios de xuño
A pequena horta do IES. Chano Piñeiro, consta de 3 bancais rodeados de plantas aromáticas (lavanda, menta, romeu, perexel, ourego, tomillo, helichrysum ou planta do curry).

O resto do patio puxémolo como xardín con diversas plantas ornamentais: rosais, tulipáns, xacintos, etc.

martes, 16 de abril de 2013

Sementeiro para a horta

Parece que por fin chega a primavera e podemos ver xa algo de sol. A pesares do tempo, xa fumos poñendo a punto a horta aínda que as plantas non creceron moito nestes primeiros meses do ano.
De tódolos xeitos xa fai varios meses que comezamos co traballo no sementeiro, a día de hoxe xa plantamos na horta os porros, allos, cebolas, fresas e leituga. Na foto mostramos como van crecendo as lentellas e os chícharos no sementeiro. E estamos preparando o millo do país, fabas, cenorias, albahaca e pementos.
En próximas fotos mostraremos como van a horta e o xardín.

mércores, 3 de abril de 2013

Programación de dispositivos Android con App Inventor

Acceso a MIT App Inventor
Durante a 3ª avaliación, na materia de Tecnoloxía de 4º Diversificación,  cambiamos o Taller de Tecnoloxía pola Aula de Informática para traballar os contidos de Programación.
Ademais dunha pequena introdución á Programación, dedicaremos este trimestre á Programación de dispositivos Android cunha aplicación gratuíta aportada polo MIT, App Inventor.
Esta é unha aplicación, que con escasos coñecementos de programación, permite crear Apps para dispositivos Android desde un navegador Web e probalas nun emulador antes de descargalas no teu dispositivo.
Ten un uso moi sinxelo, ideal para introducirse na programación. Basease nunha linguaxe visual con bloques a xeito de pezas dun puzzle que encaixan unhas nas outras e de uso intuitivo.
Imaxe: O Bloque azul asocia un son á acción "click" do rato sobre o obxecto Botón1.