luns, 1 de xuño de 2015

Introdución a App Inventor 2 (II)


2º Programa:
Os contidos elixidos para a elaboración do 2º programa, foron recompilados e traducidos ao galego do titorial de AppInventor.org, en concreto, do módulo 2: Build Drawing, Animation, and Game apps, que conta cuns excelentes vídeos creados por David Wolber.

O documento PDF que describe o proceso de elaboración do programa é: O teu primeiro xogo, Esmaga a Android.pdf

Preme na seguinte ligazón para descargar, o programa fonte AndroidMashStarter.aia de Esmaga a Android, que contén os arquivos multimedia necesarios aínda que os bloques de deseño e programación están aínda en branco.

A resolución dos exercicios propostos, así como algunha das melloras realizadas, aparecen explicados no documento: Resolución exercicios Esmaga a Android.pdf.

Para rematar con esta segunda práctica, cada grupo creou unha App modificando diversos aspectos deste 2º programa proposto.

Ningún comentario: