venres, 4 de marzo de 2016

Control con Arduino: Tiovivo.

Como en cursos anteriores, realizamos o control do funcionamento da maqueta dun Tiovivo (que se fixo fai varios anos no Taller) mediante a tarxeta microcontroladora Arduino.

O Tiovivo ten unha serie de luces (das que se poñen nas árbores de Nadal), que deben acenderse e apagarse durante a secuencia que programamos, un final de carreira que nos permite contar as voltas do tiovivo, un motor para producir o xiro do Tiovivo, un bruador para indicar o comezo e finalización do movemento e un pulsador (para comezar a secuencia de movemento do Tiovivo).

Para poder controlar estes sensores e actuadores, usamos a placa Arduino, unha placa interface (con relés) que nos permite usar as diversas tensións de alimentación (6V de contínua e 220V de alterna), xunto a 2 fontes de alimentación.  



Nas fotografías pódense ver a maqueta do Tiovivo, a placa Arduino, a placa interface, as fontes de alimentación e todo o cableado necesario para conectar os diversos compoñentes desta montaxe.
A secuencia programada en Arduino é a seguinte:

O Tiovivo  activarase cando pulsemos o botón de inicio e soará a bucina (durante 1 segundo para avisar do comezo do movemento). Acendendo o motor e as luces (de xeito contínuo).

Na segunda volta as luces parpadean, e pouco despois de completarse a terceira volta, acéndese a bucina e parpadean as luces (durante 2 segundos), antes de apagarse as luces e o motor. A partires deste momento, a maqueta queda á espera de que se volva a pulsar o botón de inicio.

No debuxo pode apreciarse o esquema de conexión dos diversos elementos necesarios para controlar a maqueta do noso proxecto.

Ningún comentario: