xoves, 15 de setembro de 2016

Introdución á electrónica analóxica e dixital

Durante a 1ª avaliación centrarémonos nos contidos teóricos principais deste curso, para poder aplicalos posteriormente na realización dos proxectos no Taller durante a 2ª avaliación.
Comezaremos este curso polos contidos de Electrónica Analóxica cun tema introdutorio, ao que podedes acceder premendo na seguinte ligazón ao arquivo PDF co tema: "Introdución á Electrónica.pdf".
De seguido veremos o tema de introdución á electrónica dixital, ao que podedes acceder premendo na seguinte ligazón: "Introdución aos sistemas electrónicos.pdf"

Contidos Extra:

Código de cores identificativo do valor das resistencias:
Vídeo en YouTube: Que son os diodos?

Vídeo en YouTube: Transistor en corte e en saturación (explicación sinxela).

mércores, 14 de setembro de 2016

Presentación da materia: Tecnoloxía de 4º de ESO.


 Contidos da materia de Tecnoloxía en 4º de ESO.
A materia a dividiremos en 3 grandes grupos:
 
O traballo se fará de xeito individual e en grupos (de 3 alumnos como máximo).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
1ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo.
  • Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na aula como no Taller.

2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.
  • Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade tanto na aula como no Taller.
3ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados na aula de informática.
  • Un 20% obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula de informática.

Benvida ao novo Curso 2016-2017

Benvidos ao blogue de aula, da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO, do IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que  traballaremos durante o curso. Ademais veredes as entradas nas que se recollen os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles no curso da aula virtual (Moodle) da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO do IES. "Chano Piñeiro".
De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

mércores, 7 de setembro de 2016

Nova andaina do blogue Flor de Toxo

Este blogue estivo dedicado ata o curso 2015-2016 a ser o blogue de aula da materia de Tecnoloxía de PDC.
Coa implantación definitiva da LOMCE, rematan os grupos de PDC e, polo tanto, desde o curso 2016-2017 pasa a  ser o blogue de aula da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO.
De tódolos xeitos, se manterán as entradas e contidos anteriores.

Un saúdo.

Manuel Andújar
Profesor de Tecnoloxía do IES. Chano Piñeiro.