martes, 22 de novembro de 2016

Simulador de coche fantástico con 10 leds e buzzer.

A nosa primeira entrada no blogue deste curso, ímola a realizar dunha práctica con Arduino: Simulación do coche fantástico.

Para a realización desta práctica, conectamos e programamos un Arduino UNO.

Nunha placa protoboard conectamos 10 LED's vermellos coa súa correspondente resistencia limitadora de 220 Ohmios cada unha. Ademais conectamos un altavoz ou buzzer.
Os 10 LED's os conectamos aos pines dixitais 4 a 13 de Arduino e o Buzzer ao pin 3.
O programa utilizado é unha pequena variación dun programa orixinal de David Cuartielles, ao que lle incluímos as liñas necesarias para realizar un sonido similar ao do coche fantástico.

Se pode descargar o programa para Arduino premendo na seguinte ligazón: "Coche_fantastico_10.ino".

Podedes ver un vídeo co resultado obtido premendo na seguinte ligazón: Coche fantástico.

sábado, 19 de novembro de 2016

Comparativa sensores de temperatura (II): Sensor KY-001.

O sensor KY-001, contén o chip Dallas Onewire DS18B20, os datos recompilados sobre este sensor e as medidas obtidas aparecen resumidas no seguinte pdf: "sensor KY-001.pdf".
Este sensor debe conectarse do seguinte xeito a Arduino:
  • Terminal - : Conectado á masa de Arduino.
  • Terminal S : No noso caso o conectamos ao pin dixital 10 (ver o programa de Arduino: "Calibracion_sensores_temperatura.ino".
  • Terminal +: Conectado a 5V de Arduino.

Na seguinte gráfica se poden observar os datos obtidos durante a comprobación do sensor KY-001 co termómetro de mercurio de referencia:

En esta outra gráfica se representa a diferencia de medida entre o sensor KY-001 e o termómetro de referencia:
As conclusións ás que chegamos despois da comprobación realizada é a seguinte:
O sensor KY-001 da valores sempre por debaixo do termómetro de referencia (aproximadamente -1ºC), e esta diferencia permanece bastante estable no rango de medidas utilizado durante esta proba.

Comparativa sensores de temperatura do Taller (I)


Nesta e seguintes entradas imos a mostrar os resultados dunha comparativa e calibración, dos sensores de temperatura que temos no Taller para utilizar coas placas Arduino e compatibles.
O responsable do departamento de Física e Química, Jose Antonio Guerra, prestounos amablemente un termómetro de mercurio para utilizalo como referencia nas medicións realizadas.
Os sensores que comprobamos foron:
  • 4 sensores Keyes: KY-001, KY-013, KY-015 e KY-028.
  • Un NTC do taller.
  • Un sensor TMP36.
Estes 6 sensores se conectaron a unha mesma placa Arduino UNO, e foron colocados xunto ao termómetro nunha de cartón (para evitar a influencia de correntes de aire).
As medidas de temperatura foron realizadas en entornos con temperatura estable a diferentes temperaturas. Para acadar un maior rango de medidas, se completaron colcocando o conxunto nun forno de cociña a mínima potencia e tomando medidas cada 1/2 hora mentres iba descendendo lentamente a temperatura (sen abrir a porta do forno).
Os sensores KY-013, KY-028 e o NTC taller, utilizan unha resistencia NTC, de tal xeito que o valor da resistencia se asocia á súa temperatura. Polo tanto, deben calibrarse tomando múltiples medidas a diferentes temperaturas e así calcular a curva do termistor. Os parámetros desta curva serán os utilizados no programa Arduino para obter a temperatura nestes sensores.

Para esta calibración, se realizou un único programa no IDE Arduino, que mostra a temperatura obtida nos 6 sensores, este programa se chama: "calibración_sensores_temperatura.ino”.
As medidas obtidas foron introducidas nunha folla de cálculo, para obter as gráficas correspondentes.
Na seguinte gráfica pode verse a comparativa entre as temperaturas medidas cos 6 sensores e o termómetro de mercurio de referencia.
En próximas entradas comentaremos en detalle os resultados obtidos para cada sensor.