sábado, 19 de novembro de 2016

Comparativa sensores de temperatura do Taller (I)


Nesta e seguintes entradas imos a mostrar os resultados dunha comparativa e calibración, dos sensores de temperatura que temos no Taller para utilizar coas placas Arduino e compatibles.
O responsable do departamento de Física e Química, Jose Antonio Guerra, prestounos amablemente un termómetro de mercurio para utilizalo como referencia nas medicións realizadas.
Os sensores que comprobamos foron:
  • 4 sensores Keyes: KY-001, KY-013, KY-015 e KY-028.
  • Un NTC do taller.
  • Un sensor TMP36.
Estes 6 sensores se conectaron a unha mesma placa Arduino UNO, e foron colocados xunto ao termómetro nunha de cartón (para evitar a influencia de correntes de aire).
As medidas de temperatura foron realizadas en entornos con temperatura estable a diferentes temperaturas. Para acadar un maior rango de medidas, se completaron colcocando o conxunto nun forno de cociña a mínima potencia e tomando medidas cada 1/2 hora mentres iba descendendo lentamente a temperatura (sen abrir a porta do forno).
Os sensores KY-013, KY-028 e o NTC taller, utilizan unha resistencia NTC, de tal xeito que o valor da resistencia se asocia á súa temperatura. Polo tanto, deben calibrarse tomando múltiples medidas a diferentes temperaturas e así calcular a curva do termistor. Os parámetros desta curva serán os utilizados no programa Arduino para obter a temperatura nestes sensores.

Para esta calibración, se realizou un único programa no IDE Arduino, que mostra a temperatura obtida nos 6 sensores, este programa se chama: "calibración_sensores_temperatura.ino”.
As medidas obtidas foron introducidas nunha folla de cálculo, para obter as gráficas correspondentes.
Na seguinte gráfica pode verse a comparativa entre as temperaturas medidas cos 6 sensores e o termómetro de mercurio de referencia.
En próximas entradas comentaremos en detalle os resultados obtidos para cada sensor.

Ningún comentario: