sábado, 3 de decembro de 2016

Comparativa sensores de temperatura (V): Sensores con NTC.

Rematamos esta comparativa cunha entrada sobre os sensores de temperatura que utilizan NTC (resistencia dependente da temperatura con coeficiente negativo).
No taller dispoñemos dos sensores KY-013, KY-028 e tamén utilizamos unha NTC cunha resistencia limitadora de 9850 Ohmios.
Sensor KY-013: Na páxina de TkkrLab, se pode atopar información sobre este sensor.
Entre outros datos, indica que o rango de temperaturas de operación é: -55°C a +125°C. E a aproximación é: +- 0.5°C.
Sensor KY-028: A páxina de TkkrLab, neste caso fai referencia a outro sensor, polo que debemos buscar en páxinas de venta de produtos electrónicos como: Welectronics.
É un sensor de temperatura con saída dixital (indica a superación dun nivel de temperatura que se axusta co potenciómetro) e saída analóxica (da valores de tensión relacionados coa temperatura do NTC).
No noso caso interésanos usar a saída analóxica, A0.

Durante a realización desta comparativa observamos que as medidas de temperatura obtidas cos programas que atopamos en internet eran erróneas, polo que decidimos calibralos do mesmo xeito que un NTC do taller (ver entradas anteriores sobre NTC, NTC (II) e NTC (III)).

O método de calibración consiste en realizar medidas a diversas temperaturas de referencia, obtendo a curva característica do termistor NTC coa axuda dunha folla de cálculo.

Durante o proceso de calibración se foi modificando o valor da fórmula utilizada para o cálculo da temperatura, ata que as medidas se correspondían aceptablemente coa temperatura de referencia. Este é o motivo polo que non podemos engadir as gráficas de temperatura destes sensores á comparativa.

As curvas características obtidas foron:
Sensor KY-013:
Sensor KY-028:
A curva do NTC cunha resistencia limitadora de 9850 Ohmios:






venres, 2 de decembro de 2016

Comparativa sensores de temperatura (IV): Sensor TMP-36.

Imaxe obtida de Adafruit
Nesta entrada se mostran os datos da comparativa referidos ao sensor TMP-36 (que adoita vir no Starter kit de Arduino).

Existen múltiples páxinas que explican como conectar un sensor de temperatura TMP-36 a Arduino, pero despois de varias probas, preferimos recomendar a páxina de Adafruit.

As conexións do sensor TMP36 a Arduino veñen indicadas na figura e no programa utilizado (o indicado nas anteriores entradas desta comparativa).

As gráficas obtidas coa folla de cálculo son as seguintes:
Se pode apreciar que adoita dar valores superiores aos do termómetro de referencia.

Na gráfica que mostra a diferencia entre os valores obtidos co sensor TMP36 e o de referencia, se pode apreciar unha grande variabilidade, estando sempre por encima.

Comparativa sensores de temperatura (III): Sensor KY-015.



O sensor KY-015 ten un sensor de humidade e temperatura (DHT11) dixital.

Unha boa páxina con moita información sobre este sensor é a de tkkrlab.

Entre a información máis útil proporcionada por esta páxina están as especificacións:
  • Tensión de traballo: 3.3 ~ 5.5V DC
  • Saída: Saída dixital por 1 cable.
  • Rango de medidas: Humidade 20-90% RH, Temperatura 0 ~ 50 ℃
  • Aproximación: Humidade +-5% RH, temperatura +-2 ℃
  • Resolución: Humidade 1% RH, temperatura 1º C
 
Tamén proporciona un programa de exemplo para utilizar con Arduino (Probando_KY-015.ino), aínda que nos pareceu mellor o programa de exemplo que viña coa biblioteca do DHT11 (DHT), DHTtester.ino.

O sensor KY-015 o conectamos a Arduino do seguinte xeito:

  • Arduino pin 8 --> Pin S module
  • Arduino GND --> Pin - module
  • Arduino +5 --> Pin Middle

O programa utilizado para realizar as medicións é o indicado en entradas anteriores desta comparativa de sensores de temperatura.

A gráfica da comparativa de temperaturas medidas co termómetro de mercurio utilizado como referencia e o sensor KY-05 é a seguinte:
Na gráfica pode observarse que os valores de temperatura medidos polo sensor KY-015 son máis fiables a temperaturas menores de 32 ºC, aumentando a diferencia co aumento da temperatura.
A gráfica de diferencias se mostra de seguido:

Picuino + Arduino

Detalle dos cables de conexión por I2C entre Picuino e Arduino
Imaxe obtida da páxina de Picuino
A nosa 2ª práctica con Arduino, consistiu en buscar a información necesaria para poder traballar coa placa Picuino PC42 conectada a unha placa microcontroladora Arduino.

Dedicamos unha sesión a buscar información en internet, atopando a estupenda páxina de Picuino, cun apartado dedicado á placa Picuino PC42, onde atoparedes toda a información necesaria para a utilización de picuino con arduino, explicación dos sensores e actuadores contidos na placa, programas de exemplo para Arduino, etc.

Picuino é unha placa que contén seis leds (1 deles é RGB), seis pulsadores, un buzzer, e un módulo con 4 displays de sete segmentos.

Conectámolo a Arduino Uno (ver imaxe superior), usando o protocolo I2C.


E descargamos a biblioteca (library) PC42 que debemos instalar no IDE Arduino.

Pareceunos realmente fácil, pois se subministran exemplos de programas para interactuar cos LED, pulsadores, buzzer e display de 7 segmentos que se poden modificar sen moito traballo.