sábado, 3 de decembro de 2016

Comparativa sensores de temperatura (V): Sensores con NTC.

Rematamos esta comparativa cunha entrada sobre os sensores de temperatura que utilizan NTC (resistencia dependente da temperatura con coeficiente negativo).
No taller dispoñemos dos sensores KY-013, KY-028 e tamén utilizamos unha NTC cunha resistencia limitadora de 9850 Ohmios.
Sensor KY-013: Na páxina de TkkrLab, se pode atopar información sobre este sensor.
Entre outros datos, indica que o rango de temperaturas de operación é: -55°C a +125°C. E a aproximación é: +- 0.5°C.
Sensor KY-028: A páxina de TkkrLab, neste caso fai referencia a outro sensor, polo que debemos buscar en páxinas de venta de produtos electrónicos como: Welectronics.
É un sensor de temperatura con saída dixital (indica a superación dun nivel de temperatura que se axusta co potenciómetro) e saída analóxica (da valores de tensión relacionados coa temperatura do NTC).
No noso caso interésanos usar a saída analóxica, A0.

Durante a realización desta comparativa observamos que as medidas de temperatura obtidas cos programas que atopamos en internet eran erróneas, polo que decidimos calibralos do mesmo xeito que un NTC do taller (ver entradas anteriores sobre NTC, NTC (II) e NTC (III)).

O método de calibración consiste en realizar medidas a diversas temperaturas de referencia, obtendo a curva característica do termistor NTC coa axuda dunha folla de cálculo.

Durante o proceso de calibración se foi modificando o valor da fórmula utilizada para o cálculo da temperatura, ata que as medidas se correspondían aceptablemente coa temperatura de referencia. Este é o motivo polo que non podemos engadir as gráficas de temperatura destes sensores á comparativa.

As curvas características obtidas foron:
Sensor KY-013:
Sensor KY-028:
A curva do NTC cunha resistencia limitadora de 9850 Ohmios:






Ningún comentario: