luns, 18 de febreiro de 2019

Montaxe e programación de 6 robots mClon

mClon5 rematado previamente polo profesor
Na fantástica páxina de tecnoloxía.org, atopamos a iniciativa mClon, que presenta dun xeito moi ben explicado como realizar clónicos do robot mBot de Makeblock a un precio asequible para os Centros de Secundaria.
Seguindo as instrucións da páxina mClon, encargamos e imprimimos en 3D o material necesario e, por uns 100 €, completamos a montaxe de 6 robots mClon para o taller de Tecnoloxía durante a 2ª avaliación como parte dos contidos de Sistemas Electrónicos que estamos a ver.
Antía, Marcos e Ángel montando o mClon1
Irene, Sergio e Santiago montando o mClon2
Ainara e Zaira montando o mClon3
Pablo, Gustavo e Nicolás montando o mClon4
O que etiquetamos como mClon5 o montou o profesor nunha fase previa de proba e o mClon6 o montou o profesor simultáneamente aos mClon dos alumnos.
En vindeiras entradas recolleremos o imprescindible proceso de comprobación dos robots seguindo as Probas de funcionamento indicadas na páxina de mClon.

Ningún comentario: