venres, 31 de maio de 2019

Creación dunha carcasa protectora para os mClon

Vista lateral dereito mclon co sensor de ultrasóns para o modo labirinto

O grupo formado por Ainara Casado e Zaira Cortizo, se encargou de deseñar unha carcasa protectora para o mClon.

Esperamos que o vindeiro curso os alumnos de 3º de ESO utilicen os robots mClon xunto cos Mbot Ranger nas súas prácticas de robótica e nas competicións, polo cal, é importante que soporten os esforzos derivados do seu manexo continuado por parte dos alumnos.

O obxectivo era facer unha carcasa que evitara que a manipulación dos robots soltara cables ou un golpe no robot afectara aos diversos sensores que o conforman.

A carcasa consta de 3 pezas:
  • Lateral dereito: Ten 2 furados preparados para colocar o sensor de Ultrasóns.
  • Lateral esquerdo: Ten 1 furado para colocar o zumbador.
  • Tapa: Da rixidez ao conxunto e protexe aos cables de manipulacións e golpes.
De seguido tedes as ligazóns aos deseños realizados co programa FreeCAD:
E aos arquivos finais en formato stl:
Imaxes dun mClon, coa carcasa en cor amarela:
 Vista lateral dereito (non ten sensor de ultrasóns)
 Vista frontal
 Vista lateral esquerdo (co zumbador colocado)
Vista posterior

Ningún comentario: