luns, 9 de setembro de 2019

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Tecnoloxía 4º ESO. Curso 2019-2020.

Na materia de Tecnoloxía, na que non temos libro de texto, é moi importante que contes cun bo caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao Caderno, para calcular a nota final da materia (un 20% da nota).

Para avaliar o teu Caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido.

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións o exame da materia. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido):

Por outro, debe recoller tódolos exercicios realizados, prestando especial atención á súa correcta realización como preparación do exame. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno:

Presentación da materia: Tecnoloxía de 4º de ESO. Curso 2020-2021.


A secuenciación da materia, será:
  • 1ª Avaliación: Sistemas de comunicación e robótica.
                       Tema 1: Introdución á Electricidade e Electrónica (Teoría e práctica).
  • 2ª Avaliación: Sistemas electrónicos.
                      Tema 2: Introdución aos Sistemas Electrónicos (Teoría e práctica).
  • 3ª Avaliación: Proxectos (III).
                      Tema 3: Introdución á Electrónica Dixital (Teoría e práctica).

A materia a podemos dividir en:
 

O traballo se fará de xeito individual e en grupos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
1ª, 2ª e 3ª Avaliacións:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 70% da nota obterase da avaliación dos traballos individuais e en grupo, dos exercicios e dos controis teóricos.
  • Un 10 % corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados na aula taller.

Benvida ao novo Curso 2020-2021

Benvidos un novo curso ao blogue de aula, da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO, do IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que  traballaremos durante o curso. Ademais podedes consultar entradas anteriores, nas que se recollen os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles no curso da aula virtual en Google Classroom da materia de Tecnoloxía de 4º de ESO do IES. "Chano Piñeiro".

De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.