luns, 9 de setembro de 2019

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Tecnoloxía 4º ESO. Curso 2019-2020.

Na materia de Tecnoloxía, na que non temos libro de texto, é moi importante que contes cun bo caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao Caderno, para calcular a nota final da materia (un 20% da nota).

Para avaliar o teu Caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido.

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións o exame da materia. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido):

Por outro, debe recoller tódolos exercicios realizados, prestando especial atención á súa correcta realización como preparación do exame. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno:

Ningún comentario: