domingo, 8 de novembro de 2020

Deseño e simulación de circuítos con TinkerCAD Circuits

Como complemento á ferramenta de simulación Crocodile Clips, imos a utilizar unha boa ferramenta "en liña" para o deseño e simulación de circuítos eléctricos e electrónicos, esta é TinkerCAD Circuits.

TinkerCAD ademais de permitirnos facer deseños en 3D, nos pode axudar no deseño e simulación de circuítos, para isto, unha vez dentro de TinkerCAD debemos seleccionar a opción Circuits, e veremos un botón para "Crear nuevo circuíto".

O primeiro paso que debes seguir é unirte á clase que creou o profesor en TinkerCAD para Tecnoloxía de 4º de ESO. Para unirte á clase necesitarás un Código de clase e un Alias que te proporcionará o profesor polo teu correo electrónico @ieschp.com.

O proceso que debes seguir para unirte á clase en TinkerCAD se explica no seguinte vídeo (Como unirse á Clase en TinkerCAD Circuits):


Ademais das montaxes que realices en grupo no taller, o profesor irá pedindo que mandes tarefas individuais en Classroom cos teus propios circuítos simulados coa aplicación TinkerCAD Circuits.

De seguido, tes un vídeo no que se explica o mellor xeito de mandar unha tarefa en Classroom e os comentarios asociados a ela (comentarios privados) (Envío das tarefas de TinkerCAD Circuits):


Neste blogue, irei poñendo vídeos de axuda para a realización das tarefas individuais, como mostra tes un vídeo que explica como facer a 1ª tarefa que tiveches que realizar no taller.

Exemplo explicación de Tarefa: Debes realizar o deseño e simulación con TinkerCAD Circuits do parpadeo de 1 LED con Arduino, segue as instrucións do seguinte vídeo (Parpadeo de 1 LED):

luns, 28 de setembro de 2020

Tema 1: Introdución á Electricidade e Electrónica. Curso 2020-2021.

Comezaremos este curso polos contidos de Introdución á Electricidade e Electrónica, aos que podedes acceder premendo na seguinte ligazón ao arquivo PDF co tema: "Introdución á Electrónica.pdf".

Realizaremos prácticas de medición e montaxe sobre placas protoboard e simularemos os circuítos co programa Crocodile Clips:
Podes descargar 2 pequenos titoriais sobre uso de Crocodile Clips nas seguintes ligazóns:
Contidos Extra:
Páxina de TuElectronica.es onde explican Como Usar o Polímetro.
Simil Hidráulico da electricidade:

Explicación da Corrente Contínua e Corrente Alterna, na páxina areatecnologia.
Pdf que explica fundamentos de electricidade: Introdución á Electricidade.
Lei de Ohm:
Lei de Joule (lei da Potencia):

Conexionado dunha placa Protoboard:

Código de cores identificativo do valor das resistencias:
Vídeo da canle ElectronicaFP sobre: ¿Cómo hacen los CONDENSADORES en AC?
Vídeo da canle ElectronicaFP sobre: ¿Cómo hacen las BOBINAS en AC?
Vídeo en YouTube: Que é un semicondutor?
Vídeo en YouTube: Que é unha LDR?
Vídeo en YouTube: Que é un Termistor?
Vídeo en YouTube: Que son os diodos?
Vídeo da canle ElectronicaFP sobre:: Transistores bipolares.