domingo, 8 de novembro de 2020

Deseño e simulación de circuítos con TinkerCAD Circuits

Como complemento á ferramenta de simulación Crocodile Clips, imos a utilizar unha boa ferramenta "en liña" para o deseño e simulación de circuítos eléctricos e electrónicos, esta é TinkerCAD Circuits.

TinkerCAD ademais de permitirnos facer deseños en 3D, nos pode axudar no deseño e simulación de circuítos, para isto, unha vez dentro de TinkerCAD debemos seleccionar a opción Circuits, e veremos un botón para "Crear nuevo circuíto".

O primeiro paso que debes seguir é unirte á clase que creou o profesor en TinkerCAD para Tecnoloxía de 4º de ESO. Para unirte á clase necesitarás un Código de clase e un Alias que te proporcionará o profesor polo teu correo electrónico @ieschp.com.

O proceso que debes seguir para unirte á clase en TinkerCAD se explica no seguinte vídeo (Como unirse á Clase en TinkerCAD Circuits):