luns, 9 de setembro de 2019

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Tecnoloxía 4º ESO.

Na materia de Tecnoloxía, na que non temos libro de texto, é moi importante que contes cun bo caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia (un 20% da nota).

Para avaliar o teu Caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido.

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita seguir en condicións a materia. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido):

Por outra banda, debe recoller tódolos exercicios realizados, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno: