luns, 5 de abril de 2021

Tema 3: Fundamentos de Electrónica Dixital. Curso 2020-2021.

Neste tema se tratarán os conceptos fundamentais sobre Electrónica dixital.

Os circuítos dixitais requiren para a súa construción unha serie de elementos que materialicen os principios da álxebra de Boole (base matemática da electrónica dixital), estes son as portas lóxicas.

Pódese definir a Electrónica Dixital como o conxunto de técnicas e dispositivos integrados que se utilizan para o procesamento e transmisión de datos no formato dixital.

Nesta introdución á Electrónica dixital, comezaremos polos Sistemas de numeración.

Os sistemas dixitais teñen que realizar operacións con números que poden estar representados en calquera sistema de numeración. Os distintos sistemas de numeración vanse diferenciar pola súa base, é dicir, pola cantidade de símbolos distintos empregados para expresar calquera cantidade.

Desde o punto de vista matemático, un sistema de numeración pode ter calquera base pero os máis empregados son o Decimal (base 10), o Binario (base 2), o Octal (base 8) e o Hexadecimal (base 16).

No seguinte pdf tes os contidos relativos aos Sistemas de numeración: Sistemas de Numeración.pdf.

O seguinte contido que trataremos, será o de Portas Lóxicas, no seguinte documento tedes os contidos que veremos: Portas lóxicas.pdf.

Nos vindeiros días, irán aparecendo tarefas en Classroom referidas ao contido Sistemas de numeración.

De seguido tedes un vídeo explicativo sobre como facer superíndices nun documento de texto de Google Drive: (Creación de superíndices).