mércores, 5 de maio de 2021

Construción dun Piano e Theremin cun LDR e Arduino.

A práctica coa placa Arduino consistía en realizar algún tipo de instrumento musical utilizando como sensor un LDR.

O resultado final foi a montaxe, nunha caixa, dun instrumento que, segundo a programación utilizada, pode ser un Theremin ou Piano monofónicos.

Os compoñentes electrónicos utilizados foron:

  • 1 placa Arduino UNO.
  • 1 placa miniprotoboard.
  • 1 LDR.
  • 1 Resistencia de 300KOhmios.
  • 1 Resistencia de 1KOhmio.
  • 1 Transistor BC337.
  • 1 Altofalante pequeno.
  • 1 Baterial de Li-Ion DC12400 de 4000mAh.
  • Cables Dupont.

A información inicial a obtivemos da actividade 8: "Generando música" do libro "Empezando con Arduino UNO - Vol. 1" de Eduardo Gallego del Pozo.

O primeiro paso foi a conexión do circuíto electrónico, comprobación do seu funcionamento e montaxe final nunha caixa de madeira que fará de carcasa do instrumento.

O esquema eléctrico é o seguinte:


Os programas realizados no IDE de Arduino foron:
Theremin_funcionamento, Theremin_calibracion, Piano_funcionamento e Piano_calibracion, que se poden descargar no seguinte arquivo .zip: Programas Arduino.zip.

Podes ver o funcionamento no seguinte vídeo:


Práctica encargada a: Ainara, Silvia e Igor.

Ningún comentario: